Sunday 19 de May de 2024

Gonzalo Muíños sobre a reelección de Sánchez como Presidente: “son catro anos máis de progreso, tamén para San@ago”


§ O portavoz dos socialistas destacou o compromiso do goberno do Estado coa cidade coa intermodal, o enlace Orbital ou a xes;ón de fondos europeos para Amor Ruibal e os polidepor;vos de Vite e Santa Isabel

§ “Nos próximos anos haberá máis cartos para axudas á rehabilitación, un novo xulgado de Violencia de Xénero e máis dereitos e máis protección aos vulnerables” afirmou

oincidindo coa promesa do seu cargo como Presidente, o portavoz dos socialistas en Raxoi reivindicou o compromiso de Pedro Sánchez con San<ago e asegurou que a axenda galega e a compostelá “seguirán estando entre as prioridades do goberno do Estado”.

Un novo Xulgado de Violencia de Xénero “para axilizar trámites e reducir prazos” ou o incremento de financiación des<nada ao Consorcio e axudas á rehabilitación de vivendas, son algunhas das medidas que destacou Gonzalo Muíños que demostran o “o compromiso real” de Sánchez con San<ago.
“Tamén abaratando a autopista da AP-9 ou rematando a Autovía San<ago-Lugo” explicou o edil socialista que destacou ademais o incremento da aportación do Estado á depuradora da Silvouta “mentres a Xunta segue dando largas”: “son catro anos de progreso, tamén para San<ago” insis<u.
Muíños puxo en valor ademais o traballo feito durante estes anos, coa Intermodal, o enlace orbital coa AP-9 e a xes<ón dos fondos europeos para a reurbanización de Amor Ruibal, rehabilitación dos polidepor<vos de Vite e Santa Isabel ou a plataforma de reparto de mercadorías no casco histórico: “actuacións que buscan a transformación da nosa cidade”.